Todo listo para que arranque a tempada de fútbol
Os equipos da provincia están xa listos para dar comezo á liga da tempada 2022/23 de fútbol, que recupera a normalidade tras dous condicionados pola situación pandémica mundial.
As categorías sénior arrancan na súa totalidade este mes, aínda que os que están nas categorías superiores xa inicinaron este ano o seu camiño.
O Lugo, o mellor situado, está en Segunda División e polo tanto foi o único en adiantarse ao resto, xa que xogou o seu primeiro partido na ponte da agosto.
O Lugo B ou Polvorín debutou esta fin de semana na nova categoría á que ascendeu a tempada pasada, a Segunda B, onde se enfrontará a equipos do noroeste peninsular, que compernden Asturias, Galicia e Castela León.
Outro dos equipos que comeza esta fin de semana unha nova andaina pola competición futbolística nacional, é o Lugo A xuvenil, que participa na División de Honra dende hai varias tempadas, a categoría máis alta para a mocidade, e que conserva a categoría ano tras ano cunha gran actuación.
Seguindo cos sénior a fin de semana próxima, 11 de setembro, poranse en marcha a maior parte das competicións. En Terceira, o Vilalbés e o Viveiro serán os encargados de defender as cores da provincia, que compartían anteriormente co Polvorín.
Pola súa banda, en Preferente xogarán este ano Sarriana, Ribadeo, Lemos, As Pontes e Residencia, aos que se suma Portomarín mentres que Foz e Escairón caen á Primeira Galicia.
Tamén terá data de inicio de tempada a Primeira Galicia nesta mesma fin de semana. A competición recupera o sistema anterior á pandemia e volve haber un único grupo, o 3, no que 18 equipos disputarán 34 xornadas para e maio dar a coñecer aos novos ascensos. Este ano recibe a categoría ao San Ciprián e o Antas pero Alfoz e San Roque xogarán en Segunda.
A Segunda Galicia tamén recupera formato, polo que haberá dous grupos de 16 equipos cada un con caras novas. Nesta ocasión comezarán unha fin de semana máis tarde, a do 17 e 18 de setembro. Este ano volven ou se estrean na categoría Castro B, Comercial, Lemos B e Carballedo mentres que Quiroga e Bóveda volven a Terceira. Os arrastres tamén se levaron a categoría máis baixa a Abadín e Matela no Norte, e Palas, O Incio, Santa Comba e Páramo no Sur.
Tamén hai equipos novos en terceira este ano, a Comercial B e o Vilalbés B, formados para esta nova tempada, que contará en terceira con 11 equipos no Norte e 12 no Sur. A competición, co formato de sempre, arrancará o 24 de setembro.
EQUIPOS DE BASE
As ligas xuvenís seguirán co Lugo B na Liga Nacional xuvenil como único representante xa que o Vilalbés descendeu a pasada tempada. Esta dará comezo tamén o 11 de setembro.
Na Liga Galega, polo tanto, estarán este ano xunto ao descendido, Viveiro e Milagrosa, que ascenderon, e Residencia e Ribadeo. Cae o Calasancio.
En cadete, ao Lugo de División de Honra súmase este ano o Viveiro, e na Galega, outro Viveiro ascendeu da provincial á Galega. Continúan no norte Lugo B e Milagrosa e Calasancio no Sur. Tampouco estarán Residencia e Vilalbés.
En infantil o Lugo estrea a División de Honra, creada este ano, mentres que na Galega seguirán Viveiro e Residencia e únese o Vilalbés.
Xuvenís e cadetes iniciarán a competición co sistema prepandemia a fin de seman ado 17 e 18 mentres que os infantín farano unha semana máis tarde.
Ademais, as ligas provinciais, que tamén recuperan formato, comezarán tamén no mes de setembro para as categorías xuvenil, cadete e infantil, unhas o farán a fin de semana última de setembro e outras ao seguinte. Xogarán todos en Primeira nas categorías máis pequenas mentres que os xuvenís terán Primeira e Segunda novamente. Si haberá Segunda para os infantís do Sur.
FEMININO
O fútbol feminino aínda non ten calendario para os equipos provinciais, agás o PM Friol, que este ano xogarán na Segunda Federación tralo seu ascenso, e que dará comezo á comeptición tamén o 11 de setembro.