Todo listo para unha nova edición de 'Que bo estás, Guitiriz'

TerraChaXa
A Asociación de Bares de Guitiriz celebrará entre o 1 e o 11 de marzo a sexta edición do seu tradicional concurso de tapas baixo nome Que bo estás, Guitiriz.
8 Feb 2018

A Asociación de Bares de Guitiriz celebrará entre o 1 e o 11 de marzo a sexta edición do seu tradicional concurso de tapas baixo nome Que bo estás, Guitiriz.
Trátase dun dos concursos de tapas con máis éxito da provincia, xa que os locais teñen unha media de mil tapas por negocio en cada edición, chegando nalgúns casos a subir de dúas mil racións.
Os hosteleiros están tan satisfeitos co resultado acadado estes anos, que nesta edición haberá moitas sorpresas e tamén máis evolución nos pratos que se presentarán ao concurso, e nos que haberá todos os sabores de carne, pescado e doce.
Participarán 14 locais de hostalería do concello repartidos por todo o territorio pero con especial representación en Guitiriz, Vilares e Parga. As tapas de concurso terán un prezo de dous euros cada una e tamén haberá unha oferta especial de tapa máis viño por 3,50. Nesta oferta inclúense viños da bodega Val Miñor (un riberia do Douro e un Albariño).
O horario da presentación das tapas nos establecementos será pola tarde de 20.00 a 23.00 horas mentres que as fins de semana tamén haberá servizo ao mediodía, entre as 13.00 e as 15.30 horas.
O público que participe nesta edición terá moitas sopresas. Por unha parte, cada local dará un regalo sorpresa cada 100 tapas e cada 500, que será de entrega directa.
Ademais, para gañar o concurso, que ten un premio de 300 euros, haberá que facer valoración das tapas dos 14 locais. Pero tamén haberá un gañador para o que faga 10 (200 euros) e o que faga 6 (100). Tamén haberá dous cuartos premios, que levarán lotes de viños Val Miñor.
Haberá que esperar ata o día 11 para coñecer as tres tapas que gañarán o concurso, xa que se obterán da suma das puntuación do público xa que non haberá xurado.
Na organización desta cita coa gastronomía da zona colabora Estrella Galicia, o Concello, Automóviles Losada e Fotografía Cantero.
Como novidade, e seguindo a tradición de ir vinculado o concurso a unha cuestión solidaria, cinco centímos por tapa irán destinado ao festival de Pardiñas, co obxectivo de apoiar a principal actividade que dinamiza o concello durante todo o ano.

0.19480800628662