Todo preparado en Muras para a celebración da tradicional Feira do Mel

TerraChaXa
A Feira do Mel de Montaña de Muras volverá a fin de semana do 20 e 21 de novembro cun programa que recupera a normalidade.
feria do mel da montana muras
17 Nov 2021

Muras acolleu hoxe a presentación da Feira do Mel da Montaña, que chega á súa sexta edición esta fin de semana e na que, ademais do concurso, haberá numerosas actividades complementarias na recuperación dun celebración suspendida o ano pasado pola covid.

A Feira do Mel de Montaña de Muras volverá a fin de semana do 20 e 21 de novembro cunha nova edición e un programa que recupera a normalidade de edicións anteriores á covid. Esta decisión, como explicou o concelleiro de área, Mario Rouco, "está fundamentada na celebración da Feira do Poldro, que foi un éxito e na que se puido convivir coa situación de pandemia".

Será esta a VI edición da feira e a V da cata con actividades para todos os públicos e tamén un concurso no que presentaron 14 mostras de mel, unha das cifras máis altas de participación dos últimos tempos. "Superamos as expectativas", afirma Rouco.

Para evitar problemas, haberá un reparto de espazos para evitar aglomeracións na parroquia do Viveiró, onde se vai realizar a feira.

Así, o sábado pola mañá dedicarase o programa ás charlas con tres ponencias a cargo de expertos que falarán sobre seguros apícolas, experiencias e o programa sanitario na Casa do Mel de Goente. As charlas terán lugar no colexio do Viveiró a partir das 11.00 horas.

Pola tarde, no mesmo centro, a partir das 16.00 horas, comezará a cata, que contará con sete especialistas alleos á vila e na que se elexirá o mellor mel e vinculados á organización, dirixida pola Casa do Mel de Goente. Unha vez rematada a cata haberá un magosto na praza do Viveiró, e presentarase o novo vídeo Mel de Montaña, unha iniciativa na que que volveron participar os veciños da vila, algúns deles de máis de 90 anos de idade.

Rematará a sesión do sábado cunha actuación do dúo Venus, a partir das 21.30 horas.

O domingo será a vez da feira, que se iniciará ás 10.00 horas ata as 17.30 con dous locais de hostalaría abertos aos que se sumará unha pulpería que estará no colexio a uns cen metros do campo da feira. Este cambio de ubicación faise tamén como unha medida de prevención de aglomeracións.

Segundo avanzou o concelleiro socialista de Muras, haberá 22 postos na feira, dos que 11 serán de mel de montaña e no resto haberá produtos de tempada, como cárnicas, queixo, castañas, licores e pan, entre outros. Ademais dúas asociacións estarán presentes, por unha banda a Antía Cal e por outra Anaris, o novo proxecto da comarca do Eume, no que se vén de integrar Muras. Os postos entregarán un agasallo aos compradores, cortesía do Concello.

O domingo haberá un espazo destinado para os máis pequenos con actividades desde as 11.00 horas. Haberá para eles un showcooking a cargo de Belén Morandeira, chef do Restaurante Colón, que prepará un primeiros e un postres. Terá capacidade para 40 pequenos sentados. Esta será ás 16.00 horas. Pola maña, ás 12.30 haberá unha sesión similar para público adulto.

Ademais, a sesión estará amenizada pola charanga Os Celtas, de Ourense, e todo o lugar estará cuberto cunha carpa para protexer en caso de choiva.

A xornada pechará, como vén sendo habitual coa entrega de premios.

feira do mel de montana de muras

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.14927816390991