Todo preparado nas Pontes para a Samurai Xtreme Race deste domingo

TerraChaXa
Presentaron onte na Deputación da Coruña a Samurai Xtreme Race, que se celebrará no entorno do lago das Pontes o domingo 2 de xullo.
PRESENTACION SAMURAI XTREME RACE
27 Xuño 2023

As concelleiras Ana Pena e Elena López xunto á deputada en funcións de Deportes, Cristina Capelán Cancelo, o presidente do Samurai Sports Club, José Rodríguez, presentaron onte na sede da Deputación da Coruña a edición 2023 da Samurai Xtreme Race, que se celebrará no entorno do lago das Pontes o vindeiro domingo, 2 de xullo.

A proba é puntable para o Campionato Nacional e clasificatoria para o Campionato Mundial de Carreiras de Obstáculos que se celebrará en Mamooth Lakes, Califonia (Estados Unidos) en setembro.

Samurai Xtreme Race é una carreira de obstáculos que pon a proba a resistencia, forza e habilidade dos competidores e competidoras nunha carreira que conta tanto con obstáculos naturais como artificiais.

Durante a presentación destacouse que a proba “promove dous valores do deporte que consideramos importantes como a igualdade e o traballo en equipo”, xa que homes e mulleres de todas as idades compiten xuntos e traballan conxuntamente para cumprir obxectivos.

Haberá tamén unha modalidade junior para nenos e nenas de 4 a 13 anos que promove a actividade física entre os máis pequenos e que conta ademáis cunha carreira solidaria a favor da Fundación de Gen.

Este ano a proba contará cun total de 67 obstáculos (vallas, charcos, pirámides de madeira, muros, trincheiras de barro…) nun percorrido de 10 quilómetros.

A Samurai Xtreme Race conta xa con máis de 1.000 persoas inscritas nas diferentes categorías, procedentes de diferentes puntos de España e países como Portugal, Reino Unido ou Canadá.

Os cinco gañadores, homes e mulleres, das tandas Élite clasificaranse para participar no Campionato do Mundo de Carreiras de Obstáculos que se celebrará en outono en California.

0.1934700012207