Todo preparado para celebrar en Vilalba o San Xoán 2025

TerraChaXa
O domingo arrancarán cunha ruta de identificación das herbas de San Xoán, a cargo de Eva Quiroga
san-xoan-vilalba-2025
Cartel do evento
21 Jun 2025

A Asociación Cultural de Veciños do Campo de San Xoán celebrará, un ano máis, as festas na honra do seu patrón, que se celebrarán en dúas xornadas, domingo e luns.

O domingo arrancarán cunha ruta de identificación das herbas de San Xoán, a cargo de Eva Quiroga, que se fará de 18.00 a 19.00 horas, para decorar, ao rematar, a fonte.

O luns 23 haberá un obradoiro de cadernos a cargo de Isabel Pardo, ás 18.00 horas. As dúas actividades serán gratuítas pero hai que inscribirse no 603 678 646 para o obradoiro e no 628 842 835 para a ruta.

A actuación previa ao tradicional acendido do lume de San Xoán, ás 20.00 horas, estará a cargo de Kreze pero despois da cea e da foliada aberta haberá outro concerto, ás 22.00 horas, a cargo de Voodoo Mantra.

Co acendido do lume, na praza de San Xoán ás 23.30 horas, actuará a Escola Municipal de Teatro coa obra Meigas.

 

⚙ Configurar cookies
0.16895198822021