Todo preparado para celebrar en Vilalba o San Xoán

TerraChaXa
Un obradoiro de retratos pola mañá abrirá o prograna, que se pecha cun DJ
san-xoan-portada-vilalba
Cartel do evento
9 Xuño 2024

A Asociación Cultural de Veciños do Campo de San Xoán celebrará, un ano máis, as festas na honra do seu patrón, este domingo, 23 de xuño.

Estas darán comezo ás 12,00 cun obradoiro de retratos a cargo de Isabel Pardo. Pola tarde haberá máis actividades culturais, como un obradoiro clown, con Stephanie Cubides, ás 17.00 horas, e unha representación de Curuxán, ás 19.00.

A actuación previa ao tradicional acendido do lume de San Xoán, ás 22.30 horas na praza de Santa María é unha sorpresa. Porén si se sabe que a Escola Municipal de Teatro encargarse da fogueira, na praza de San Xoán, ás 23.30.

Pasada a medianoite terá lugar o concerto de Buxos Verdes, en primeiro lugar e despois de Feral Booty. Rematarán cunha sesión de DJ.

A asociación lembra que os obradoiros son gratuítos pero haberá que reservar praza no 691 771 636.

san-xoan-vilalba
0.19203400611877