Todo preparado para unha nova edición da Romaría da Madalena
A parroquia vilalbesa de Mourence acollerá este domingo, 21 de xullo, unha nova edición da Romería da Madalena, que dará comezo co oficio relixioso e a procesión ás 13.00 horas na capela do mesmo nome.
Seguidamente terá lugar a sesión vermú, que estará ao cargo do dúo Manu y Alber para dar paso ao xantar popular no que poderán participar todos os veciños que o desexen aínda que teñen que apuntarse con anterioridade.
O menú que se degustará consta de salpicón, churrasco, bebida, sobremesa, café e chupito por un importe de 20 euros para adultos e da metade para os menores de 13 anos.
Na sobremesa faranse os sorteos das tradicionais diferentes cestas de produtos, doadas por empresas da localidade.
A tarde tamén será para os pequenos que terán a súa festa propia a cargo de Picariños, con xogos populares, con merenda. Esta sesión prolongarase ata as 20.00 horas.
A partir das 18.00 a música farase protagonista da xornada ata a medianoite con cargo dos dúos Manu y Alber e Charada.