Belinda Washington lerá o pregón da Festa Normanda de Foz e o desembarco será o 31

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
A Festa Normanda de Foz vaise celebrar o 30 e 31 de agosto e 1 de setembro.
Captura de pantalla 2019 10 01 a las 16.55.03
29 Ago 2019

A Festa Normanda de Foz vaise celebrar o 30 e 31 de agosto e 1 de setembro. Todos os focenses, principalmente, están volcados coa festividade, buscando os mellores traxes e as mellores representacións da invasión normanda que ten a praia de Tupide como un anfiteatro que se quede sempre pequeno ante as miles de persoas que se achegan para velo.

A festa rememora as invasións vikings a Galicia, nas que unha frota de barcos tentou atacar un pobo lucense de Foz. Os habitantes, aterrorizados, subiron ao monte Alto da Grela para pedirlle axuda ao bispo Gonzalo quen, para socorrer ao seu pobo, recurriu ós miragres.

Púxose de xeonllos na praia e o ceo empezou anubarse e o bispo ergueu o seu bastón e cada vez que se axenlloaba e batía co seu báculo no chan, un dos barcos se afundía, todos salvo un, ao que deixou marchar para que contara o sucedido e non volveran atacar Foz.

Tras esta acción, a lenda di que o bispo foi beatificado e se converteu en San Gonzalo e o Alto da Grela pasou chamarse O Bispo Santo, onde unha capela en honra do bispo.

Cada penúltima fin de semana de agosto se celebra o miragre. O primeiro día, pola mañá, ábrese o mercado medieval e pola noite, ás oito, ten lugar o pregón de inauguración da festa. Os veciños representan unha obra que teatraliza o desembarco e o afundimentos das embarcacións. Ao día seguinte, a praia focense de Tupide, é o escenario real onde se escenifica de novo a gran escala perante o gran público e representan o combate entre a poboación local e os normandos.

Ao longo do día celébranse actividades, xogos e teatro, e pola noite ten lugar o funeral vikingo, acompañado de tambores e da luz das antorchas. Xa o último día, adicado aos cativos, faise un desembarco destinado a eles e a continuación celébranse varias vodas vikingas. Foz emula por uns días á popular serie Xogo de Tronos.

PROGRAMA. Aínda que xa este día 29 ábrese o mercado medieval no paseo da Ribeira, o pregón oficial vaino ler Belinda Washington ás 21 horas na área recreativa do Bispo Santo e seguiralle unha representación teatral da lenda de San Gonzalo a cargo dos veciños de San Martiño dirixidos por José Peinó. Nese momento faráse entrega do premio o Focego Maior. Haberá servizo gratuíto de buses para chegar á área recreativa. Os Festicultores poránlle a guinda ao pastel desta xornada cun concerto.

O día grande será o 31, tralo concerto de Upsala na praia de Tupide, ás 14 horas terá lugar a gran representación do ataque normando perante o miragre de San Gonzalo na praia de Tupide. Á tarde haberá demostración de forxa na área dos campamentos normandos, contacontos e todo tipo de representacións de adestramentos militares e de esgrima histórica. Ata que as 23.15 celebraráse o funeral normando, seguido dos fachos acesos, dende o campamento ata Tupide. Un espectáculo de malabares con lume porálle fin o día.

O domingo 1 de setembro terá lugar ás 17.30 o desembarco infantil nunha xornada adicada aos cativos.

 

0.10931396484375