Toma posesión a nova auxiliar de biblioteca en Xermade

TerraChaXa
Actualmente os fondos bibliotecarios ascenden a 11477 publicacións e o número de préstamos no ano 2024 foi de 826
nova-auxiliar-de-biblioteca-xermade
12 Dec 2025

A biblioteca municipal de Xermade comeza unha nova etapa coa incorporación de Laura María Pardo Vila como auxiliar de biblioteca titular da praza, despois de superar o proceso selectivo en execución da Oferta de Emprego Público do ano 2024. Tomou posesión esta semana como funcionaria de carreira.

A biblioteca fixo 30 anos no ano 2024. Foi María González Cabarcos a bibliotecaria que a puxo en funcionamento no ano 1994. O labor realizado por esta xermadesa foi recoñecido con premios como o María Moliner, que a biblioteca gañou en varias ocasións.

Actualmente os fondos bibliotecarios ascenden a 11477 publicacións e o número de préstamos no ano 2024 foi de 826.

⚙ Configurar cookies
0.077710866928101