Toma posesión o novo xuíz de paz de Friol

LugoXa | TerraChaXa
Manuel Prado Fraga substitúe así a Ricardo García Morandeira, que presentou a súa dimisión en setembro de 2024
novo-xuiz-de-paz-de-friol
11 Feb 2025

Este luns tivo lugar a toma de posesión do novo xuíz de paz titular do Concello de Friol, que será Manuel Prado Fraga, que desde esa data xa realiza as súas funcións no Xulgado.

Despois de que Ricardo García Morandeira presentara a súa renuncia ao cargo en setembro do pasado ano 2024, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia oficiou ao Concello de Friol para que iniciara o procedemento de elección dun novo titular, o cal actuou ao respecto para facelo efectivo.

Durante o tempo que durou este trámite a persoa encargada de realizar as funcións propias do cargo foi Luís López Rodríguez, como xuíz de paz substituto, mantendo o mesmo cargo que na actualidade.

O alcalde Jose Á. Santos indica que “sentimos moito a renuncia de Ricardo, como xuíz durante tantos anos, pero ao ser unha decisión persoal, e sabendo os motivos, non podemos facer outra cousa que respectala e desexarlle moita sorte e saúde, así como agradecerlle o traballo e implicación durante estes últimos anos desde o Xulgado e tócanos darlle a benvida e nomear a Manuel Prado para que cubra ese posto, que estamos seguros de que o fará igual de ben que o seu predecesor”.

0.16695594787598