Tomé reúnese co Goberno local de Rábade para abordar as necesidades do Concello

TerraChaXa | LugoXa
José Tomé Roca, que recibiu no Pazo de San Marcos ao rexedor e ao primeiro tenente de Alcalde, visitará Rábade para concretar as actuacións
tome alcalde rabade alejandro deputacion
15 Maio 2022

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, recibiu no Pazo de San Marcos ao alcalde, Xosé Fernández Montes, e ao tenente de alcalde de Rábade, Alejandro Martínez, cos que mantivo un encontro para analizar as necesidades do municipio. José Tomé comprometeuse a realizar proximamente unha visita á localidade para concretar actuacións e vías de colaboración en beneficio dos veciños e veciñas.

Dentro desta liña de colaboración cos concellos, a Deputación de Lugo destinou no que vai de mandato preto de 600.000 euros a Rábade. 

Así, neste ano 2022, a institución provincial destina máis de 195.000 euros ao Concello a través do Plan Único para a mellora de infraestruturas, creación de emprego e actividades culturais. En concreto, a institución provincial destina preto de 150.000 euros á humanización da contorna da praza Castelao, unha actuación importante para o día a día da veciñanza. Estes fondos do Plan Único tamén se destinan ao funcionamento do Servizo de Axuda no Fogar con máis de 20.000 euros, á creación de emprego con 17.500 euros ou a organización da cita cultural A Rabaca 2022, con 9.000 euros.

Outras das actuacións importantes que se fixeron nos últimos meses grazas ao investimento da Deputación de Lugo foi arranxar a estrada provincial LU-P-5102, na Rúa Músico Crisanto, cun orzamento de 150.000 euros. Así mesmo, tamén na vila, a institución achegou 131.000 euros para renovar por completo a Rúa José Pardo Montenegro.

0.18065905570984