Toni Arenas estará este sábado na casa museo de Manuel María
O tiriteiro mindoniense Ton Arenas, da compañía Mircromina Teatro de Títeres, achega este sábado, día 17, ás 17 hrs, na Casa-Museo Manuel María, o seu espectátulo GYROVÂGUS – Varietés Rural.
A peza dirixida para público infantil e familiar e con elementos de monicreques de luva, “varilla”, fíos e ritmos percutidos en directo, constrúe unha ollada da vida dun navegante que chegado de lonxe atraca nun pequeno porto da Mariña. Serán Raio, un lobicán, Antolín, un bailarín, e o Propietario, as personaxes da terra que coa súa natureza e comportamento tracen o destino do nauta nesta simpática aventura.
As persoas interesadas en asistir teñen imprescindibelmente que reservar en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou a través do whatsapp 698177621. O prezo do billete é de 2 euros.