Torneiros prepárase para celebrar as festas na honra a San Lorenzo a fin de semana

Pol
LugoXa | TerraChaXa
Durante ambas as dúas sesións vermú haberá colchóns inchables gratuítos para os nenos e nenas
festas-en-torneiros
30 Jul 2025

A localidade de Torneiros, no concello de Pol, acollerá as tradicionais festas na honra a San Lorenzo os días 2 e 3 de agosto, cun completo programa de actividades relixiosas e musicais.

O sábado 2, ás 13:30 horas, terá lugar a misa solemne seguida de procesión e sesión vermú amenizada polo grupo Lecer. Pola noite, a verbena continuará co Grupo Lecer e o Trío Blanca Doble, que animarán a xornada festiva ata altas horas da madrugada.

O domingo 3 repetirase o esquema do día anterior, cunha nova misa solemne ás 13:30 horas, procesión e sesión vermú a cargo do grupo Alba.

Durante ambas as dúas sesións vermú haberá colchóns inchables gratuítos para os nenos e nenas.

⚙ Configurar cookies
0.18892502784729