Torre (Vilalba) celebra as festas na honra a San Isidro este 17 de maio

A parroquia de Torre, en Vilalba, celebrará este sábado 17 de maio as tradicionais festas na honra a San Isidro, cunha programación pensada para todos os públicos.
A xornada festiva comezará ás 13:30 horas cunha misa solemne, procesión e sesión vermú amenizada polo dúo Belinda. Xa pola noite, ás 22:30 horas, terá lugar a gran verbena coa actuación do coñecido DJ Ferre e da orquestra La Fórmula, que poñerán música e animación ata ben entrada a madrugada.
As actividades realizaranse nun campo cuberto con carpa, garantindo o bo desenvolvemento da festa independentemente das condicións meteorolóxicas. O evento conta coa colaboración do Concello de Vilalba e o apoio de numerosos establecementos e empresas da contorna.