Torta de Millo volve aos escenarios coa obra 'Radio Opinión'

TerraChaXa
O grupo guitiricense Torta de Millo porá en escena a obra Radio Opinión na Casa Habanera hoxe sábado 18 ás 10.30 horas.
teatro radio opinion guitiriz portada
18 Xuño 2022

O grupo guitiricense Torta de Millo porá en escena a obra Radio Opinión.

Este colectivo forma parte da xunta local da Asociación Española de Loita contra o Cancro de Guitiriz e a obra supón a volta ao escenarios do elenco tras unha longa pausa pola pandemia.

A obra está escrita por Anxo Manoel, director da formación.

O espectáculo terá lugar na Casa Habanera hoxe sábado 18 ás 10.30 horas con entrada libre ata completar o aforo.

teatro radio opinion guitiriz
0.20288801193237