Trabada abre un novo prazo para repartir composteiros

TerraChaXa | AMariñaXa
Trabada abre un novo prazo para repartir composteiros. Estará aberto ata o 25 de xaneiro nas oficinas municipais.
15 Xan 2021

Coa finalidade de continuar coa implantación da compostaxe doméstica para conseguir unha diminución  dos biorresiduos xerados no fogar, o Concello de Trabada fará un novo reparto de composteiros solicitados a Sogama.

Poderán solicitalo as veciñas e veciños que posúan unha vivenda unifamiliar ubicada no concello de Trabada pero fóra do casco urbano, xa que no casco urbano se está implantando o quinto contedor.

O prazo de solicitude dos mesmos será ata o 25 de xaneiro do 2021 segundo orde de entrada no Rexistro Municipal.

A solicitude estará a súa disposición nas oficinas municipais do Concello e na sede electrónica. Para calquera dúbida, os interesados poden chamar ao teléfono 982138438 ou enviar un correo a través do enderezo medioambiente.trabada@gmail.com.

0.071715116500854