Trabada adheriuse ao proxecto de contedores para a recollida selectiva

TerraChaXa | AMariñaXa
Trabada adheriuse ao proxecto de contedores para a recollida selectiva da fracción orgánica de residuos municipais
107614623_3125835584178734_4025733250782552446_o
19 Nov 2020

O Concello de Trabada adheriuse ao proxecto para a implantación, no marco dun proxecto piloto, de contedores para a recollida selectiva da fracción orgánica de residuos municipais que puxo en marcha adirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático da Xunta de Galicia, a través do cal o Concello recibiu 50 contedores.

Este proxecto levarase a cabo no casco urbano de Trabada e co fin de informar aos veciños e veciñas sobre o uso deste novo colector e proceder ao reparto das chaves, faranse varias reunións informativas durante tres días (18, 19 e 20 de novembro) e tres horarios distintos (ás 12, ás 16.30 e ás 19 horas) no salón de actos da casa da cultura.

Para garantir as medidas sanitarias, é obrigatorio confirmar asistencia no teléfono 982 138 438.

Captura de pantalla 2020 07 09 a las 10.49.24
0.42700004577637