Trabada convoca un concurso para o cartel anunciador do Entroido

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
A asociación O Picato en colaboración co Concello de Trabada, buscan cartel anunciador para as festas do Entroido.
14 Xan 2020

A asociación O Picato en colaboración co Concello de Trabada, buscan cartel anunciador para as festas do Entroido.

Poderán participar todas as persoas que o desexen, presentando a súa obra en formato A4 con temática libre antes do 14 de febreiro de 2020 ás 19.00 horas na libraría Aenlle de Trabada.

Cada participante entregará un máximo de dúas obras, e estas serán anónimas e incluirán un sobre pechado cos datos pesoais do autor no interior.

Este concurso ten un premio de 50 euros, que se entregará o día 7 de marzo cos premios do desfile.

O fallo do xurado, formado pola xunta directiva da Asociación, será o día 15 de febreiro, dándose a coñecer o gañador ao día seguinte.

A obra gañadora pasará á propiedade da Asociación Cultural O Picato e empregarase como imaxe de fondo do cartel anunciador do Entroido 2020.

 

0.15675187110901