Trabada e Ribadeo acollerán durante a fin de semana un campionato de rastreo canino de caza

TerraChaXa | AMariñaXa
Os tecores de caza de San Fernando de Trabada e O Faisán de Ribadeo organizan por vez primeira este fin de semana, 13 e 14 de xullo, un campionato de rastreo canino cunha proba puntuable, a primeira proba de traílla sobre xabarín salvaxe, do Club Español de Azul de Gascuña, Gascón Saintongeois y Ariegeois.
65557785_2278921165562517_2981565145831964672_o
12 Jul 2019

Os tecores de caza de San Fernando de Trabada e O Faisán de Ribadeo organizan por vez primeira este fin de semana, 13 e 14 de xullo, un campionato de rastreo canino cunha proba puntuable, a primeira proba de traílla sobre xabarín salvaxe, do Club Español de Azul de Gascuña, Gascón Saintongeois y Ariegeois.
Haberá xuíces da Real Sociedad Canina de España. Para participar ou obter máis información pódese chamar ao presidente dos trabadenses, Alejandro Jartín, no 636.050.283.
Agárdanse centos de participantes procedentes de varias comunidades autónomas que se xuntarán ás 8.30 horas cada día, no restaurante El Huerto da parroquia ribadense de Vilaframil, a onde está previsto que regresen para xantar ao lago, no restaurante O Foguete.
Os organizadores agradecen a colaboración dos concellos de Trabada e Ribadeo, así como tamén á Federación Galega de Caza, a Armería Galega de Viveiro e ás armerías Valibría de Foz, Valea do Esquilo de Castropol, Las Palmeras de Navia e a Xardín Agro de Lourenzá.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17695093154907