Trabada ofrece transporte gratuíto para que os veciños vaian á piscina durante o inverno
O Concello de Trabada pon a disposición dos veciños e veciñas empadroados no Concello o servicio de transporte gratuíto para acudir a cursos de natación á piscina municipal de Ribadeo durante o período comprendido entre outubro do 2019 e maio do 2020.
Ao igual que en anos anteriores, os cursos serán os venres en horario de 19.30 horas a 20.15 horas, manténdose a mesma cuota mensual. A ficha de inscrición está disponible na sede electrónica do Concello de Trabada.
O prazo de presentación das solicitude está aberto dende o día 2 ata o 20.
O goberno municipal considera fundamental o fomento do deporte e de hábitos de vida saudables, porque para é moi importante ofrecer, dende a administración local, diferentes actividades culturais, deportivas, de ocio… de forma que os veciños e veciñas teñan as mesmas oportunidades con independencia do lugar no que vivan.
Este servicio está dirixido a todos os veciños e veciñas, xa que a natación é un deporte recomendado para todas as idades e tamén para paliar determinadas patoloxías. Por tratarse de un grupo pechado, os usuarios non terán que aboar a matrícula e ademáis, a pesar de que os cursos de natación escolar dirixidos a nenos e nenas son de 30 minutos, incrementan os cursos en 15 minutos ao igual que os dos adultos. Asimesmo, permiten aos adultos o uso das instalacións deportivas durante o tempo dos cursos de natación.