Trabada ofrece vivenda gratis a familias con dous ou máis fillos de entre tres e seis anos
O Concello de Trabada ofrece vivenda gratis a familias con dous ou máis fillos con idades comprendidas entre tres e seis anos que se asenten en Trabada e que escolaricen aos nenos no CEIP Plurilingüe Celso Currás, co fin de que sobreviva o centro educativo.
No colexio, dado o ambiente familiar, ofrécese atención personalizada e foméntase a integración do alumnado.
O Centro conta con comedor con cociña propia, parque infantil con patio dinámico, zonas verdes, horto ecolóxico, pavillón cuberto, biblioteca e aulas específicas para as diferentes materias.
Seguen unha liña de traballo activa e interdisciplinar, fomentando o coñecemento e defensa do medio natural e de hábitos ecolóxicos e alimentación saudable.
Así mesmo, o centro ven de convertirse en CentroPlurilingüe, contando cun auxiliar de conversa de nacionalidade británica e o vindeiro curso de orixe estadounidense.
Paticipan en tódolos programas da Deputación de Lugo, tanto culturais, medioambientais... así como en programas de prevención de drogodependencia e xornadas interculturais con outros centros. Así mesmo traballan o Plan Proxecta na modalidade de Aliméntate Ben; Voz Natura; están inmersos en programas de formación do profesorado no estranxeiro dentro do Erasmus +; fomentan o espírito emprendedor co Plan Atrévete de Formación do Profesorado de 5º e 6º; realizan saídas e actividades complementarias variadas...
En definitiva, un centro implicado para que os nosos nenos teñan as mesmas oportunidades que nas vilas máis grandes.
Así pois, a Alcaldesa fai un chamamento ás familias que viven en Trabada para que escolaricen os seus fillos no centro, toda vez que dende o goberno municipal levamos catro anos traballando para ofrecerlle servicios ás familias, cos programas de conciliación que facemos durante o curso escolar tódalas tardes, cos campamentos de verán ou coa aposta que estamos a facer para contar cun Punto de atención á infancia de 0 a 3.
A Alcaldesa tamén lle pide á Administración Autonómica que non peche a unidade, xa que a escola pública rural é fundamental para manter o futuro do rural, e tendo en conta que hai empadroados máis dunha ducia de nenos menores de tres anos nos dé un marxe e sume esforzos para evitar entre todos que os nosos veciños perdan servicios.
Anuncia que nos vindeiros meses, se publicarán as bases de axudas ás familias, coma nos dous anos anteriores, de fomento da natalidade ofrecendo 800€ por nacido e familia empadroada (400€ ao nacer e 400€ no momento de escolarizarse no colexio público de Trabada), engadido ás axudas para a compra de material escolar nos cursos de educación infantil.