Trabada organiza unha ampla programación cultural para a semana das Festas Patronais

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Concello de Trabada organiza unha programación cultural para a semana das Festas Patronais, que este ano, por razóns de saúde pública non se poden celebrar.
adega_portada
10 Ago 2020

O Concello de Trabada organiza unha programación cultural para a semana das Festas Patronais, que este ano, por razóns de saúde pública non se poden celebrar.

Esta é unha programación transversal, dirixida a tódos os públicos, tanto familiar como adulto.

Poderase desfrutar de diferentes espectáculos, así o mércores 12 no ciclo de Cine na rúa proxectarase A Galiña Turuleca, o xoves 13 chegará o espectáculo As Parabolas de Pakolas, e o venres 14 ás 19.30 horas a Compañía 10 fará un novo tipo de circo e despois volverá o Cine na rúa coa película Grease.

O sábado 15 ás 20.00 chegará a quenda do Quinteto InVento e a súa obra Pedro y el Lobo dentro do Festival Bay y Gay.

E x apor último o domingo 16 haberá teatro coa compañía Teatro ó Cubo e a súa obra Ghop! e despois poderase desfrutar da película Vilamor ás 22.00 horas.

0.12463784217834