Traballadoras do SAF quéixanse polas trabas do Concello de Cospeito a unha reunión sindical
Traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar de Cospeito mostraron o seu malestar co Goberno municipal por non deixarlles utilizar a casa da cultura local para a súa asemblea de xeito gratuíto.
Tal e como explican as traballadoras, estas foron convocadas a unha reunión parte dos delegados sindicais escollidos nas eleccións, 2 da CIG e 1 de CC.OO. Como en anteriores ocasións solicitaron ao Concello o uso do casa da cultura, algo que xa teñen feito con anterioridade pero o Concello fíxolles chegar "modeolo de autoliquidación", indica unha das delegadas sindicais.
"Paréceme unha vergoña que teñamos que pagar polo uso desta instalación nunha reunión oficial de traballadoras do Concello", explican.
Finalmente a reunión levouse a cabo no exterior do edificio, onde expesaron o seu malestar ante a decisión do Concello.
"Nunha nos pasou tal", afirma a delegada sindical, quen asegura que ata o momento nunca tivemos problemas para facer as reunións polo que non ten sentido que agora queiran cobrar".