Traballadores de Alcoa cortan a autovía en Xermade nunha nova protesta

TerraChaXa
Os traballadores de Alcoa continúan coas súas protestas ante o anuncio de despedimentos na factoría de San Ciprián e esta mañá cortaron a estrada Ag-64 ao seu paso polo Concello de Xermade, concretamente no lugar de Cabreiros.
102970506_3180721565318449_1774275695898121298_o
12 Xuño 2020

Os traballadores de Alcoa continúan coas súas protestas ante o anuncio de despedimentos na factoría de San Ciprián e esta mañá cortaron a estrada Ag-64 ao seu paso polo Concello de Xermade, concretamente no lugar de Cabreiros.

O corte afectou ao tráfico que facía a ruta entre Vilalba e Ferrol, concretamente no quilómetro 42,3 da autovía, en ambos os sentidos da circulación. Para que o tráfico non queda interrompido, a Garda Civil habilitou desvíos alternativos pola estrada LU-861, a vía que comunica Vilalba coa localidade das Pontes.

Novamente, os traballadores asistentes corearon proclamas solicitando a implicación do Goberno central na resolución da crise e lembrando os problemas que tería para a economía da comarca da Mariña. Novamente fixeron unha barricada con neumáticos que quemaron durante o tempo que estivo interrompida a circulación vial.

104182986_3180721638651775_3534185054278666855_o
104199084_3180721401985132_4217485986028486444_o
0.19476509094238