Traballadores de Maessa concéntranse na sede de Endesa antes da reunión sobre o ERE
Traballadores da empresa auxiliar de Endesa Maessa fixeron onte un acto reivindicativo nas instalacións da central pontesa en repulsa polo anuncio dos despidos ya que a empresa presentou un ERE extintivo para os 43 operarios neste centro de traballo. Maessa é a empresa auxiliar que ten o contrato de mantemento integral da central térmica de Endesa.
Xunta, Concello das Pontes, transportistas, sindicatos e Endesa manterán esta tarde en Santiago, ás 16.30 horas, unha reunión para abordar o futuro do persoal directo e indirecto da central térmica das Pontes.
O obxectivo desta cita é poder concretar "compromisos reais e por escrito" de ocupación e carga de traballo para o predesmantelamiento e o desmonte definitivo da central, así como garantías de proxectos de futuro nos que estean presentes os traballadores das subcontratas.
Esta será a segunda reunión que se celebre sobre esta cuestión, reunión na que non estiveron representantes da central pontesa, o que causou unha gran crítica por parte dos sindicatos.
Desde os sindicatos piden compromisos a Endesa pero tamén ao Goberno autonómico para tratar de evitar despedimentos e máis desplazamentos de persoal.