“Traballamos co obxectivo de mellorar a saúde e calidade de vida das coidadoras”

TerraChaXa
Entrevista a Tania Pardo, concelleira de Benestar e impulsora de diferentes iniciativas para as veciñas.
programa telon dos coidados as pontes
12 Jun 2022

Entrevista a Tania Pardo, concelleira de Benestar e impulsora de diferentes iniciativas para as veciñas.

O Concello das Pontes deu comezo a unha nova actividade dentro do programa de atención ás coidadoras, un taller de interpretación teatral que leva por título Abrindo o telón dos coidados dirixido á veciñanza do municipio.

A través desta proposta, organizada polo departamento de Benestar Social, o Concello das Pontes busca contribuír, mediante diferentes liñas de traballo, ao empoderamento, mellora psicolóxica, recuperación emocional e participación das mulleres pontesas coidadoras informais de persoas dependentes para, deste xeito, conseguir reforzar a súa identidade, seguridade en si mesmas, a súa autoestima e, en definitiva, mellorar a calidade de vida das mulleres participantes neste taller.

Tania Pardo, concelleira de Benestar Social e Igualdade, explica as orixes e os obxectivos deste proxecto.

Como xurde a iniciativa o telón dos coidados? 

Esta proposta vén a darlle continuidade a unha serie de talleres que vimos levando a cabo no Concello das Pontes e que forman parte dun servizo de apoio as mulleres coidadoras de persoas con dependencia con varias iniciativas. Vimos traballando dende o ano 2019 e o obxectivo é mellorar a saúde, a calidade vida das coidadoras así como a súa autoestima e o seu emporedamento. Este programa en concreto é un proxecto que pretende dar cobertura, tratamento e visibilidade, aos danos sicolóxicos, emocionais ocasionados polas tarefas dos coidados. Danos que se viron agravados polas consecuencias derivadas da pandemia.

Que se ofrece neste programa?

Ofrécense distintas actuacións, asesoramento individualizado, talleres e outro tipo de actividades. Pero concretando neste programa, o do teatro, o que propoñemos é unha guía que prepara ás usuarias física e mentalmente para as distintas situacións da vida. O xogo e a dramatización oblíganos a estar alerta e abrir os sentidos para poder entender as situacións que nos presenta a vida cotiá.

Que ofrece ao usuario?

Con esta preparación preténdese potenciar a creatividade, seguridades persoais, a imaxinación, a espontaneidade, todas as habilidades que temos pero  que non sacamos na nosa vida diaria. Trátase un pouco de poñernos no lugar delas nesa situacións de coidados, que elas expoñan e se abran, o que pretendemos é que seña un espazo para compartir donde elas sen sintan agusto, compartan as súas experiencias e que nesas dúas horas que dura o taller se evadan da súa situación e creo que se vén conseguindo.

"Temos tempos de descanso, pero é importante que non sexa unha actividade esporádica, que teña continuidade para que elas vexan que son atendidas, con distintos plantexamentos e actividades, e elas saben que van ter o seu espazo".

Estaba este sector desatendido?

É un tema que ao meu modo de ver non se está atendendo apropiadamente, había programas para as persoas dependentes pero as coidadoras non tiñan oportunidades de participación, e con este talleres cubrimos este obxectivo. Son mulleres que repiten pero o bon é que neste en particular participan mulleres que nunca o fixeron, creo eu porque é algo distinto.

Trátase de grupos reducidos. Que razón hai para isto?

Dende o inicio mantemos as quince prazas, é o que se ofrece por tema de aforo e pola actividade en si, para poder atender a cada una de forma individualizada. Son sempre mulleres, o tema dos coidados recae maioritariamente nas mulleres. Non é que estea pechado para os homes, oxalá houbera algún participante home pero a realidade é a que é, e elas son as principais coidadoras.

A necesidade existía e segue existindo neste sector?

A necesidade existía, estaba claro e unha vez que empezamos dímonos conta de que esa necesidade requería dunha continuidade no traballo. Temos tempos de descanso, pero é importante que non sexa unha actividade esporádica, que teña continuidade para que elas vexan que son atendidas, con distintos plantexamentos e actividades, e elas saben que van ter o seu espazo. Por eso, a miña intención é continuar con distintos talleres pero que segan participando.

Nesta liña tedes outras actuacións?

No 2020 fixemos unha campaña con motivo do 8M, que era unha experiencia de coidados, onde quixemos dar visibilidade a toda a poboación e a corresponsabilidade no ámbito dos coidados. O obxectivo era traballar o tema dos coidados transversalmente, que a sociedade no seu conxunto vexa que o tema dos coidados non pode recaer sobre a muller, que hai que compartir. Fixemos esa campaña centrados nese tema para darlle visibilidade.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.19708681106567