Transportistas bloquean a entrada de Endesa para impedir o traslado de material
Transportistas de Endesa nas Pontes manteñen bloqueados desde as 08:00 horas deste xoves os accesos á térmica, onde comezou o traslado de material descartado tras a solicitude de peche do recinto. Os traballadores cortaron as dúas entradas ao complexo sen que se rexistrasen incidencias e pediu que as partes implicadas no futuro da planta “cumpran coa palabra dada”.
Os traballadores alegan que Endesa tiña compromiso de hai catro meses de non mover material ata que se soubesen os resultados das probas con biocombustibles, alternativos ao carbón. Do mesmo xeito, reclaman das administracións que busquen solucións "en lugar de promesas e máis promesas”.
Pola súa banda, en Endesa confirmaron que este xoves comezará na central térmica “a operación de carga e traslado en camións de dúas bombas de recirculación de lechada”. Segundo indican estes equipos van a outra central que si os necesita; xa que correspondían a unha obra que se parou cando se anunciou o peche.