Trasladados deceas de barreirenses ao colexio tras un incendio nunha vivenda
Barreiros rexistrou un incendio urbán esta madrugada nunha vivenda situada nas casas sociais vellas, na rúa Vila. Había persoas no interior do inmoble atrapadas, un matrimonio que practicamente saíu ileso, aínda que a muller tivo que ser trasladada ao Hospital, ao igual que algúns vecinos do inmoble. Moitos tiveron que ser trasladados a un colexio mentres os bombeiros finalizaban os labores de extinción.
Ata o lugar se desprazaron patrullas da Garda Civil de Barreiros, Ribadeo e Burela. O lume iniciouse nun piso da primeira planta, onde reside un matrimonio de 73 anos e unha muller de 70.
Segunda unhas primeiras análises, o lume puido terse prendido na nevera. O home puido saír ao exterior e a muller foi rescatada polos bombeiros e recibiu asistencia médica debido ao fume que respirou, segundo indica a Garda Civil.
O resto de vecinos continuaron nas súas vivendas, por indicación dos bombeiros que aseguraron o lugar, iso si, colocando previamente toallas húmedas debaixo das portas para evitar a entrada do fume.
Cando os bombeiros tiveron controladas as lapas, solicitaron dos veciños que saíran do edificio para ventilar e realizar comprobacións. O marido e un dos afectados polo incendio sufriu segundo os axentes unha crise de ansiedade e dous veciños foron asistidos por inhalación de fume.
Foron desaloxadas 13 persoas e realizáronse xestións coa alcalde de Barreiros, Ana Ermida, para que puideran resgardarse no colexio ata que os bombeiros finalizaran as súas tarefas. Dous persoas máis, aparte da muller que habitaba na devandita vivenda, foron trasladadas ao Hospital por inhalar fume, aínda que en principio presentaban un pronóstico leve.
Aparte, en Cervo houbo outro incendio nunha vivenda, que ocasionou danos no teito e na parede da cociña e que probablemente se orixinou na cheminea.