Trasparga está de festa venres e sábado
TerraChaXa
Actuarán Son's de Festa e Alabama o primeiro día, e La Travesía e Venus, o segundo

Cartel
22 Jul 2025
A localidade de Trasparga, en Guitiriz, celebra este venres e sábado as súas festas na honra a Santiago e Santa Ana.
Comezarán o 25 con Alabama, que será a encargada da sesión vermú e a verbena do primeiro día. Pola noite, durante o descanso da orquestra actuará Son's de Festa.
O venres será a vez de La Travesía, que fará dobre sesión e pola noite actuará tamén o dúo Venus.
Haberá misa solemne os dous dúas con procesión ás 13.30 horas. Tamén haberá pirotecnia.