Trece-Goiriz celebra as festas de Santa Comba esta fin de semana

TerraChaXa
Estarán presentes a orquestra Costa Dorada e os grupos Assia e Madastur
fiestas-santa-comba
6 May 2025

Os días 10 e 11 de maio de 2025 celébranse as festas na honra á Santa Comba, na rolda de Trece-Goiriz, no concello de Vilalba.

O sábado 10 de maio comezará coa tradicional misa solemne ás 13:30 horas, seguida da procesión e da sesión vermú a cargo da orquestra Costa Dorada, que tamén será o encargado de animar a verbena nocturna xunto co grupo Assia, coa súa xira 30 aniversario.

A festa continuará o domingo 11 de maio coa misa solemne ás 13:00 horas, procesión e sesión vermú, nesta ocasión amenizada polo grupo Madastur que porá tamén o broche de ouro á verbena de fin de festa.

A comisión de festas agradece a colaboración de tódolos veciños e veciñas, así como tamén outras contribucións recibidas tanto de xeito anónimo como non.

⚙ Configurar cookies
0.12663888931274