Teatro Marionetas Trécola fará representacións estes días en Vilalba, Muimenta e Castro de Rei
A compañía de Teatro Marionetas Trécola, sita en Pol, representará o día 22 de setembro as 18.00 horas no Auditorio Municipal de Vilalba a obra The Piccole Theatre, que e ven sendo unha actualización da primeira obra creada pola compañía no ano 1981 por Fernanda Cabrera e Rafael Vázquez, daquela a obra tiña por nome Teatriño de Feiras.
A representación de este sábado está dentro do Programa de Teatro Profesional da Provincia de Lugo Proscenio, ten unha duración de 60 minutos e está adicada a un público infantil e familiar. O día 28 de setembro tamén dentro de Proscenio, Teatro Marionetas Trécola levará The Piccole Theatre á Casa da Cultura de Muimenta.
A sinopse desta obra versa sobre un pequeno teatro que viaxa arredor do mundo dentro dunha caixiña de recordos. Un elenco formado por fabulosos artistas de rúa mostran os máis variados números: equilibrismos, maxia mentalista, malabares, música e como non: os dous grandes paiasos Tontón e Totó Gluk.
A maxia dos fíos destas marionetas liarán nunha viaxe fascinante ao público, que se converte en gran protagonista, participando activamente durante todo o show.
Dentro da comarca da Terra Chá e no mesmo ciclo teatral visitarán Castro de Rei o 22 de outubro para por en escea a obra Xogo revolto.