Trémola Teatro esperta o interesa polas ciencias nun contacontos
O salón de actos do Concello da Pastoriza acollerá este venres, 22 de novembro, ás 10:15 horas, o espectáculo infantil Eu son de Ciencias, unha proposta da compañía Trémola Teatro que combina o entretemento coa aprendizaxe científica.
Dirixido especialmente ao público infantil, o espectáculo achega a ciencia dunha maneira divertida e próxima, fomentando o interese pola experimentación e o descubrimento desde idades temperás. A través dunha dinámica de contacontos, Trémola Teatro logra espertar a curiosidade e potenciar a aprendizaxe dun xeito interactivo e lúdico.
Esta actividade, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración co Pacto de Estado contra a violencia de xénero, forma parte dunha programación que busca reforzar valores educativos e sociais.