Tres colectivos de Cospeito organizan unha excursión a Camariñas o 20 de abril

TerraChaXa
Será o sábado 20 de abril, coincidindo coa celebración da XXXIV Mostra do Encaixe
viaxe-camarinas-pino
9 Apr 2025

As asociacións de Pino, Seixas e Vilapene organizan para o sábado 20 de abril unha viaxe a Camariñas, coincidindo coa celebración da XXXIV Mostra do Encaixe, unha das citas máis emblemáticas da Costa da Morte. A saída será ás 8:00 da mañá desde os puntos habituais e inclúe unha xornada completa de actividades pensadas para gozar do patrimonio cultural, paisaxístico e gastronómico da zona.

No programa da excursión inclúese o desprazamento en autobús, a visita á vila de Camariñas con entrada á Mostra do Encaixe, o xantar no concello veciño de Cee e unha visita á Fervenza do Ézaro, un dos enclaves naturais máis impresionantes de Galicia.

O prezo da actividade é de 47 euros para persoas socias e de 57 euros para non socias. As inscricións deben realizarse antes do 11 de abril ante calquera membro das directivas organizadoras, e a praza quedará reservada unha vez efectuado o pago.

A excursión está organizada pola Asociación Cultural San Martiño de Pino e conta coa colaboración da Asociación Veciñal Cruceiro de San Pedro de Seixas e a Asociación Veciñal Vilapene.

⚙ Configurar cookies
0.16992783546448