Tres localidades de Friol están de festa esta fin de semana

LugoXa | TerraChaXa
Vilalbite arrancará a celebración o venres e Narla e Anafreita o sábado
fogos-artificiais-festas-patronais
Fogos
26 Xuño 2024

As localidades de Vilalvite, Narla e Anafreita, en Friol, celebran esta fin de semana as súas festas na honra a San Pedro.

Comezarán as celebracións en Vilalbite, que arrancarán cunha churrascada o venres a partir das 21.45 horas, á que seguirá unha verbena a cargo de Foliada D'Ases. Ademais, o sábado haberá misa solemne ás 13.30 horas, e dobre sesión musical, a cargo de Rubí.

En Anafreira as festas arrancarán o sábado cunha misa solemne ás 13.00 horas. Unha hora despois terá lugar a sesión vermú a cargo de D'Caché, que tamén se encargará da verbena xunto ao grupo Tatoo.

O domingo tamén haberá misa á mesma hora e a sesión vermú que porá o punto e final á festa será co dúo Eclipse.

Finalmente en Narla será a misa, ás 12.00 horas do sábado, a que abrirá o programa festivo para dar paso ao grupo Fénix en sesión vermú. Este mesmo grupo e Louband serán os encargados da verbena.

O domingo repetirán oficio relixioso e será a orquestra Acordes a que fará a sesión vermú. Pola tarde, ás 19.00 haberá sesión musical a cargo desta mesma orquestra e de Los Satélites para poñer fin á festa.

0.17186093330383