Tres novos grupos únense ao festival Entrepontes de Rábade

LugoXa | TerraChaXa
Hermana Furia, Jorobados del Miño e Vimbio súmanse a Biznaga e Catuxa Salón no programa do 24 de maio
festival-entrepontes-rabade
26 Feb 2025

O colectivo Fillos do Chaira de Rábade segue a perfilar a terceira edición do festival que se desenvolverá na localidade en maio baixo o título Festival Entrepontes.

A data escollida foi o día 24 de maio para unha cita coa música que será gratuíta para os asistentes e que tivo un gran éxito nas dúas edicións pasadas e que mantén a data de celebración.

A primeira confirmación do festival foi o grupo Biznaga, unha das bandas máis contundentes e influentes do punk-rock nacional, que chega a Rábade para arrasar coa súa enerxía e converter o escenario de Entrepontes en pura adrenalina. Tamén estaba confirmada xa participación de Catuxa Salom, caracterizada por unha fusión do folk, a electrónica e os ritmos tribais latinoamericanos.

Nesta ocasión subiranse ao escenario Hermana Furia, co seu rock salvaxe, que desborda enerxía e un son demoledor. Xunto a eles estarán tamén Jorobados del Miño, que chega a Rábade desde Portomarín cunha música que combina o rock co blues clásico.

A quinta confirmación do festival é Vimbio, a nova faciana da escea metal.

Segundo avanzou a organización, o festival contará cunha xornada chea de actividades, entre as que figuran as infantís, como cerámica, pintacaras e a festa Holy, entre outras sorpresas que avanzará a organización.

0.17049407958984