Tres pequenas da Escola de Movemento participarán no mundial de danza este ano

TerraChaXa
Tres nenas da Escola de Movemento de Vilalba representarán a España no Mundial de Danza, Edición Especial #En casa (o en tu lugar favorito), que terá lugar do 23 ao 27 de setembro dende EEUU.
bailarinas
6 Ago 2020

Tres nenas da Escola de Movemento de Vilalba representarán a España no Mundial de Danza, Edición Especial #En casa (o en tu lugar
favorito), que terá lugar do 23 ao 27 de setembro dende EEUU.

"Estamos moi orgullosas e orgullosos de que en tempos difíciles fóran capaces de manter a ilusión e a constacia de seguir coa Danza. Ao final todo ten a súa recompensa e estas 3 nenas vivirán unha nova experiencia a través da danza e do mundo on-line", explican dende a escola.

No mes de setembro voltarán conectarse para compartir rede con máis de 50 países que estarán bailando dende as súas casas (ou o seu lugar favorito) diante dun xurado internacional que medirá o seu traballo durante este tempo.

Nuns días recibirán as medallas que acreditan o seu pase ao Mundial e polo de agora contan cun título de representantes de España.

Cada unha delas participou nunha modalidade e categoría distintas acadando os seguintes resultados:

  • Olivia Luque: Prata en Mini Jazz Dance
  • Irene Sande: Bronce en Children Comercial Dance
  • Mariña Esmorís: Bronce en Children Jazz Dance
0.10054898262024