Tres queixerías da comarca reciben catro medallas nos World Cheese Awards
O World Cheese Awards, onde se reparten os premios que recoñecen os mellores queixos do mundo, volveu dignificar e sinalar produtos galegos e tamén da Chaira.
Dos máis de 4.500 queixos que se presentaron a este certame, só cincuenta obtiveron unha medalla de ouro e tres destas foron para a Comunidade Galega, dous para queixos da denominación de orixe San Simón da Costa.
Prestes, unha queixería habitual nestes premios sumou este ano un ouro e unha prata. O outro ouro foi para Don Crisanto mentres que unha segunda plata correspondeu a outra queixería da comarca, As Fontelas. Para todos eles non é a primeira ocasión na que logran unha medalla de alto grao neste certame. Tamén houbo un galardón para Queserías Sarraianas, que traballan baixo a marca de calidade queixo de tetilla e que levou unha medalla de bronce.
En Galicia houbo ouro tamén para unha empresa de Arzúa. Ademais dúas produtoras de Ourense recibiu unha de prata e outra de bronce cada unha. A lista de premiados péchana unha quesería de Moaña que logrou unha medalla de prata para o seu queixo curado de cabra.
OS WORLD CHEESE AWARDS
A 34 edición do World Cheese Awards, que se celebra anualmente e con carácter internacional, encumbrou en Newport (Gales, Reino Unido) a 17 queixos españois que lograron a medalla de SuperOuro e convertéronse nos mellores do mundo na súa categoría. No certame, no que participaron 4.434 queixos procedentes de 42 países, tamén foron premiados 95 coa medalla de ouro, 172 coa de prata e 282 coa de bronce. En total, 586 queixos españois premiados.
O certame converteuse nun referente dentro do mundo queixeiro e nunha das principais catas concurso a nivel internacional. No Centro Internacional de Conferencias da cidade, 250 xuíces internacionais cataron os queixos ao longo de 98 mesas cheas de variedades. Foron xulgados por equipos formados de expertos técnicos, compradores, retallistas e escritores. Traballando en equipos de tres, identificaron calquera queixo digno dun premio de ouro, prata ou bronce, observando a cortiza e o corpo, a súa cor, textura, consistencia e, sobre todo, o seu aroma e sabor.