Tres regatistas do Club de Vela Fluvial das Pontes viaxaron ao campionato do mundo

TerraChaXa
Javier Martínez, Mariano Torres e Alba Abril foron os tres regatistas do Club de Vela Fluvial As Pontes que disputaron o Campionato do Mundo da clase vaurien como membros do equipo español.
Regatistas as pontes
10 Ago 2023

Javier Martínez, Mariano Torres e Alba Abril foron os tres regatistas do Club de Vela Fluvial As Pontes que disputaron o Campionato do Mundo da clase vaurien como membros do equipo español. 

Este campionato do mundo celebrouse na localidade normanda de Lle Havre, na Canle da Mancha e estivo marcada por unhas duras condicións meteorolóxicas, con pouco vento, moita choiva e roles con corrente moi cambiante que non llo puxo fácil aos regatistas.

Esta cita internacional pechouse con doce probas completadas e con extraordiarios resultados para os regatistas ponteses, onde a dupla formada por Javier Martínez e Mariano Torres levantouse a un magnífico 4° posto en categoría xuvenil, quedando clasificada a tripulación composta por Alba Abril e Isabel Cabelo no 5° posto da mesma categoría.

O equipo do Fluvial das Pontes mostrouse competitivo nun campo de regatas moi complicado, pouco vento, moita choiva. O resto da frota estaba composta por 56 barcos representando a 8 países.

0.1388521194458