Triabá e Santa Leocadia, en Castro de Rei, celebran as súas festas

As localidades de Triabá e Santa Leocadia, en Castro de Rei, celebra as súas festas na honra San Pedro, esta fin de semana.
A festividade dará comezo en Triabá o sábado ás 13.00 cunha misa solemne e sesión vermú a cargo da orquestra Acordes, que será a encargada de amenizar a verbena da tarde xunto á París de Noia.
O domingo, a misa terá lugar ás 13.30 horas e a sesión vermú e verbena terá como protagonista á orquestra Punto Clave, que tamén fará sesión de verbena. Entre as 13.00 e as 16.00 horas haberá degustación gratuíta do programa Galicia sabe Amar.
Logo dun parón, o sábado 19 de xullo retómase o programa cunha cea veciñal e actuación musical.
En Santa Leocadia comezarán o sábado coa misa tradicional, ás 12.00 horas, e a actuación da orquestra Alabama, que tamén actuará na verbena xunto a Ipanema.
O domingo tamén haberá misa ás 12.00 horas e a procesión. Despois, a sesión vermú de fin de festa estarán a cargo do grupo Los Adrianos.
