Trinta Lumes proxectarase no Auditorio Municipal de Vilalba

TerraChaXa
O vindeiro venres ás 20:30 horas, no Auditorio Municipal de Vilalba, o Instituto de Estudos Chairegos, en colaboración con Concello de Vilalba, organiza a proxección da película Trinta Lumes da directora Diana Toucedo.
1
11 Mar 2019

“Trátase da primeira longametraxe da cineasta galega Diana Toucedo, quen, tras unha ampla traxectoria como montadora de longas e realizadora de curtametraxes documentais e experimentais, introduce nesta fita unha historia que xira en torno á vida e a morte, a medio camiño entre a ficción e o documental" engade, a directora.

A protagonista é Alba, unha rapaza de 13 anos que desexa descubrir o descoñecido, o misterioso e o fascinante da morte. Xunto co seu mellor amigo, Samuel, entran en casas abandonadas, percorren aldeas destruídas e adéntranse nas montañas de Lugo, que agochan todo un mundo paralelo.

Segundo a súa directora, o reto cinematográfico era desvelar algo dese mundo máis oculto que visible, botando man da ollada do poeta Uxío Novoneyra, quen definiu O Courel como un iceberg.

0.12826895713806