Triplete de medallas do club de atletismo Ría de Foz no Campionato galego
TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
A atleta focega Rosalía, pertencente ao club de atletismo Ría de Foz, fizo un destacado papel Campionato de Galicia en pista ao aire libre que se disputou na cidade da Coruña ao longo desta fin de semana.
31 Aug 2020

Coroábase como campiona galega na modalidade de 800 metros lisos e rematou o Campionato cun triplete de medallas, campiona en Galega SUB 23 de 800 ml e Galega SUB 23 de 400 ml e subcampiona Galega SUB 23 de 400 valados.