True Mountains dende Viveiro

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
True Mountains, é un nome que homenaxea á natureza galega, aos montes que levamos toda a vida vendo desde as nosas fiestras, pero tamén é o nome dun interesante grupo de música de Viveiro.
60247632_2435341660045571_1765325833188147200_o
21 sep 2020

True Mountains, é un nome que homenaxea á natureza galega, aos montes que levamos toda a vida vendo desde as nosas fiestras, pero tamén é o nome dun interesante grupo de música de Viveiro.

Así, Pérez, Nacho e Marco son os intrépidos creadores desta banda que se compón de guitarra, contrabaixo, batería e as súas voces.

Esta aventura musical xa comezou hai tempo coa premisa de poder levar unha mensaxe positiva máis aló do circuíto común de concertos. “Xa viñamos tocando xuntos noutro proxecto, e True Mountains foi a súa continuidade, baseándonos máis na importancia da mensaxe e o desafogo persoal nas cancións que na complexidade do aspecto musical”, di Pérez.

Alá polo 2003, dous mozos viveirenses que xa tocaban noutro grupo chamado Twenty Fighters e colaborando noutros proxectos, decidiron dar un paso máis e comezar True Mountains en acústico en 2013. Ademais, Marco estivo case desde o principio axudando con moitas cousas e así comezaron a tocar os tres xuntos e tamén foi cando se plantexaron facer concertos e cancións en formato eléctrico.

Estos tres rapaces contan cunha paixón pola música descomunal e foi o que lles fixo namorar da música hardcore punk, un sentimento moi forte que según “o feito de poder transmitir máis ca sons a través da linguaxe da música é o mellor”.

“No meu caso a paixón pola música foron as bandas que tiñan unha mensaxe crítica e constructiva a moitos estereotipos do sistema”, engade Pérez.

No caso destes tres rapaces a súa unión pola música permítelles conxugar perfectamente os seus respectivos traballos, pois como din, “é complicado vivir desto só”.

Lembran con agarimo aquelas primeiras ocasións nas que se xuntaban a tocar, “comezamos en acústico coa guitarra e o contrabaixo, e acostumábamos a ensaiar nalgún parque, ou na cabana trasteiro dunha casa na que vivía naquel momento“. Tamén din que nos primeiros anos da banda tiñan moitos máis concertos que ensaios.

Para a xira do novo disco, que é o primeiro integramente en eléctrico, conseguiron alugar un trasteiro e “ensaiamos bastante antes de saír presentalo. Desgraciadamente tivemos que deixalo por mor da covid-19, e agardamos que a situación mellore para poder retomar os ensaios e concertos en algures”.

No tocante a definir o seu estilo musical, din que non lles gusta poñer etiquetas e que é complicado porque “as mesmas cancións tocadas en acústico ou eléctrico pódente levar dende o country ou música folk americana ó punk, ou ó power pop”, din. “As progresións de acordes que usamos son moi comúns en varios xéneros musicáis, non somos uns virtuosos”, engaden.

As súas cancións son composicións propias, e “xa fai tempo que non temos complexos, temos moitas ganas de experimentar e seguir facendo a música que nos saia no momento presente que vivamos”.

Outro dos momentos que non se esquecen facilmente son as primeiras actuacións, e a deles, aínda por riba, foi no seu terreo, en Viveiro. Eles non o esqueceran xa que foi un momento bastante simpático, “foi un concerto brutal e ademais presentáronnos como True Monkeys“, rin.

As seguintes actuacións foron tamén moi especiais xa que volveron tocar ao longo dos anos nos lugares nos que creceron como en institutos, colexios, bibliotecas, para público de todas as idades, avós e netos”, ademais din que “ningunha das bandas que tivéramos antes nos permitira facer isto”.

Neste ano 2020 estaban inmersos na xira do novo disco, o cal publicaron o 31 de xaneiro, pero por mor da crise sanitaria canceláronse todas as datas de concertos que tiñan pendentes como en salas de música e varios festivais.

“Agora estamos á espera de que a situación mellore e podamos retomar a xira da mellor maneira que se poda. Confiemos en que sí”, engaden.

Captura de pantalla 2019 05 21 a las 10.15.44
0.14171600341797