Tuco Cerviño presenta este sábado en Guitiriz o seu novo libro

TerraChaXa
Este sábado, 28 de outubro, ás 19:00 horas, na Casa Habanera de Guitiriz, terá lugar a presentación do libro Un taxi verde e un concerto, de Tuco Cerviño.
presentacion libro tuco cervino un taxi verde e un concerto portada
24 Oct 2023

Este sábado, 28 de outubro, ás 19:00 horas, na Casa Habanera de Guitiriz, terá lugar a presentación do libro Un taxi verde e un concerto, de Tuco Cerviño.

Na presentación participarán, ademais do autor, Alfonso Blanco (presidente da A.C.Xermolos) e Pastora Veres (Nova Poesía Guitirica e asociación Lareira de Soños).

Tuco Cerviño é membro do PSdeG-PSOE dende 1993 e académico correspondente da RAC; foi deputado no Parlamento de Galicia durante catro lexislaturas, xerente do CHUAC e do hospital Gregorio Marañón, ademais de concelleiro de Oleiros entre 1995 e 2003. Pero, nada de toda esa intensa actividade se recolle en Un taxi verde e un concerto, o libro de memorias de mocidade que vén de publicar en Galaxia e sobre o que el mesmo di: “Toda a miña vida está aquí. Entre a viaxe do tío Coca, que me levou a Raxó nun taxi verde, e o concerto de Voces Ceibes na Aula Magna de Medicina en abril de 1968. O que vén logo é un simple agromar, enfiado polo traballo e as oportunidades, as aproveitadas e as desbotadas”.

presentacion libro tuco cervino un taxi verde e un concerto
0.13075399398804