Turismo de Trabada centra nas sensacións a súa nova campaña de video
Turismo de Trabada ven de presentar, a través das súas redes sociais, a campaña Te mereces algo bueno. Unha proposta rompedora que se lanza cun vídeo no que se evoca todo o que ofrece a súa contorna como paz, conexión, aventuras, re-conexión e lugares nos que volver a sentirse ben.
Todo isto transmítese grazas a imaxes impactantes, cun bo guión e un concepto certamente contemporáneo, grabado cunha cámara de cine dixital en 5K. Con este vídeo pretenden facernos reflexionar sobre as nosas vidas e valorar o realmente importante.
A idea do video é xogar coa contraposición clásica entre a velocidade da cidade e a tranquilidade de Trabada. Facer un video en certa clave onírica e moi sensorial, xogando coas sensacións que desperta o contacto coa natureza e o compartir vivencias de forma sosegada con outras persoas.
En Trabada grabaron en diferentes contornas naturais como a Área recreativa da Cadeira, o Pico da Paleira, Vilaformán e o rego de Vilapena, unha casa abandonada en Trabadela, a Fraga da Becerreira e a ría de Abres. Tamén se fixeron tomas aéreas en Porto do Malle.
Fóra de Trabada grabaron en Madrid no barrio de Atocha e Lavapiés, nas catro torres (centro financiero ó lado do hospital da Paz), en Gran Vía e nas oficinas do Grupo Reacciona.