Úbeda, na Pastoriza, está de festa esta fin de semana

A parroquia de Úbeda, na Pastoriza, celebra entre hoxe, venres, e mañá as súas festas na honra á Virxe do Carme.
As celebracións darán comezo de noite cun xantar popular para todos os participantes na verbena, que estará amenizada por Martín Carrión, exvocalista de Trébol e actual cantante de Aché. Tamén haberá sorteo de agasallos.
O sábado as celebracións comezarán co apartado relixioso con misa solemne ás 13.30 horas seguida de procesión e sesión vermú coa orquestra M-3. Pola noite, esta mesma orquestra será a encargada da verbena, na que tamén estará a Discomóvil DBC.
A organización lembra que o campo da festa estará cuberto con carpa.