Ulla pide unha axuda para rematar a obra da Escola de Donalbai en Begonte
O Concello de Begonte solicitou unha axuda á Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia para rematar as obras da Escola de Donalbai, que permitirán poñer dúas vivendas en alugueiro.
Un obradoiro de emprego realizou xa a maior parte da obra pero quedaría por facer o apartado de alicatado, fontanería e pintado, para o que pediron esta axuda, de 80.000 euros. De contar con ela, quedaría todo rematado, agás o mobiliario.
A escola de Donalbai contará deste modo con dúas vivendas para alugueiro, unha na planta baixa e outra na alta.
Ao mesmo tempo, tamén está pendente na Escola de Castro o mobiliario nas dúas vivendas que xa están rematadas e situadas ámbalas dúas na planta alta, por riba do local social.
“Deste modo, ofreceremos catro vivendas para alugueiro con obxectivo de asentar poboación na localidade, están orientadas á mocidade e cremos que é unha boa oportunidade para impulsar Begonte”, dixo o alcalde, José Ulla.