Último día para anotarse á festa de Entroido de Vilapedre

A localidade vilalbesa de Vilapedre celebra este sábado, 22 de marzo, a súa festa de Entroido, na casa escola a partir das 21.00 horas.
Esta consistirá nunha cea a base sopa de cocido, cocido completo, sobremesa, bebidas, café e licores para os adultos e macarróns á boloñesa para os nenos. Tamén haberá chocolate e biscoito. Todo terá un prezo de 35 euros para público en xeral e de 25 para socios. Os menores de 12 anos pagarán 20 euros.
Durante a noite haberá concurso de disfraces con premios e a sesión musical con baile estará a cargo de Puzzle Animación.
As persoas interesadas en asistir deberán anotarse antes do 17 de marzo cos membros da asociación de veciños.