Último día para anotarse á gran paellada de San Martirio de Condes, en Friol

A Asociación Cultural de San Martiño de Condes, en Friol, celebrará o sábado 6 de setembro o Día do Socio cunha gran paella.
Esta reunión terá lugar ás 21.30 horas no local social de Condes. Os socios poderán participar de balde e para os non socios hai unha cota de 15 euros.
O último día para anotarse é o domingo 31 de agosto, e para iso é necesario chamar aos teléfonos de Ángel de Pardo (618 982 162), Marta do Fluvial (679 317 700), David de Rododomuiño (678 120 025), Alejandro de Lapido (608 227 880), Mª José de Casiñas (660 001 853) e Raúl de Freixido (666 079 036).