Último día para anotarse en Begonte unha nova sesión de La Administración cerca de ti
En xaneiro do ano pasado organizouse unha xornada informativa relacionada coa identificación electrónica para a que se trasladaron á Aula de Informática da antiga Cámara Agraria no concello de Begonte unha unidade de empregados públicos da Administración Xeral do Estado na cal, a parte de información, todas as persoas interesadas puideron saír da xornada co certificado electrónico ou o sistema Cl@ve, medios dixitais de firma.
Coa intención de organizar outra xornada e necesitándose un número mínimo de interesados, abriuse un período de inscrición que remata hoxe.
A inscrición pode facerse por teléfono chamando ao 982 396 143, no correo electrónico info@concellodebegonte.es ou presencialmente nas oficinas municipais, indicando nome, apelidos e número de teléfono.