Últimos días para inscribirse no campamento de verán de Cospeito

TerraChaXa
Será do 1 ao 31 de xullo para nenos de 4 a 16 anos
campamentos-amencer
Campamento de verán
1 Xuño 2024

O Concello de Cospeito contará este ano de novo cun campamento de verán nas instalacións do CPI Virxe do Monte dirixido a nenos de entre 4 e 16 anos de idade.

O campamento será do 1 ao 31 de xullo e nel desenvolveranse actividades de lecer e recreativas ao aire libre, xogos de todo tipo, busca do tesouro e xogos de auga, ademais de xornadas culturais con teatro, cine ou periodismo.

O horario será de mañá, de 8.30 a 14.30 horas de luns a venres para o que hai 40 prazas ou de de 8.30 a 16.30 con xantar con outras 40.

O prazo de inscrición finalizar o 4 de xuño. Esta debe facerse nas oficinas municipais situadas na casa consistorial pola mañá ou a través da sede electrónica.

Dende a organización anunciaron que o custe do mesmo será en función da renda familiar e con descontos para os segundos irmáns.

0.18172907829285